Ao longo do verán o Parque Nacional ofrecerá rutas guiadas en Cíes cos guías do Parque todos os días (agás excepcións por causas meteorolóxicas ou de organización).
Pódese anotar persoalmente no mesmo día na caseta de información da illa,a 100 metros do muelle, ata cubrir as prazas. Tamén, a través desta páxina, vostede poderá realizar unha reserva previa de praza para a ruta ofrecida ás 12:00 h os xoves. O prazo para reservar comeza 15 días antes e remata 24 horas antes da hora da ruta.
ESTA RESERVA DE PRAZA NA RUTA NON SUSTITUE Á AUTORIZACIÓN PARA IR A CíES. O custe e a xestión do transporte á illa vai a conta do participante, xa que nesa época hai transporte marítimo diario a Cíes. É necesario que vostede tramite a súa autorización da Xunta para visitar Cíes (www.autorizacionillasatlanticas.xunta.gal)asegurándose que hai dispoñibilidade de cupo e xestionar o billete do barco. Máis información sobre os contactos das navieras en www.illasatlanticas.gal no apartado de VISITA CÍES (https://illasatlanticas.gal/gl/visita-o-parque/visita-cies).
- A ruta ofrecida nesta central para facer a reserva previa é:
Xoves ás 12:00 h: “Cíes: isla de paisajes”, que nos permite descubrir os segredos das distintas paisaxes de Cíes, terminando no mirador da Pedra da Campá sobre las 14.00 h, o no mirador do Alto do Príncipe sobre as 13:30 h. Escollerase a que mirador sir cada día, segúndo as condicións meteorolóxicas e organizativas. Lonxitude: 2,5km á Pedra da Campá e 1,7Km ao Alto do Príncipe (distancia lineal, de só ida). Desnivel de 100m.
- Hora e punto de encontro: ás 11:55h (5 min antes do comenzo) na caseta de información de Cíes, a 100m del muelle da illa.
O percorrido sempre é por pista ben acondicionada pero con tramos de suave a moderada pendente. Vir con calzado e roupa adecuada para o senderismo e adecuada á meteoroloxía, así como gorra, protección solar e auga.
Ao rematar a ruta guiada no mirador nos miradores, os participantes poderán escoller entre varias opcións: voltar co guía, seguir por calquera das rutas sinalizadas, observación da natureza, ir a restaurante ou nun merendeiro, ir á praia, voltar ao porto...
No caso de non quedar prazas dispoñibles nesta central de reservas pode consultala máis tarde por se se produce algunha anulación e quedara algunha plaza libre. Non hai lista de agarda. Tamén, se vostede está na illa ese día, podería apuntarse persoalmente, achegándose á caseta de información do Parque (a 100m do peirao) e preguntando se quedan prazas dispoñibles para algunhas das rutas que se ofrezan ese día
Ruta recomendada para adultos e maiores de 12 ANOS.