Ao longo de Semana Santa e verán o Parque Nacional ofrece rutas guiadas en Ons todos os días con guías do Parque. Pódese apuntar persoalmente a elas acudindo á caseta de información na illa o mesmo día da súa visita, ata cubrir as prazas.
Tamén, a través desta páxina, vostede poderá realizar unha reserva previa de praza para unha das rutas que ofrecemos. Neste caso será a ofrecida ás 12:00 h.
ESTA RESERVA DE RUTA NON SUSTITUE Á AUTORIZACIÓN PARA IR A ONS. No verán as navieras ofrecen viaxes regulares ás illas, polo que o Parque non xestionará o seu transporte. É necesario que vostede tramite a súa autorización da Xunta para visitar Ons comprobando que hai cupo dispoñible para visitantes (www.autorizacionillasatlanticas.xunta.gal) e así poder comprar o billete do barco antes que reservar a ruta. Pode consultar os contactos das navieras en: https://illasatlanticas.gal/gl/visita-o-parque/visita-ons
No caso de non quedar prazas dispoñibles para a ruta nesta central de reservas, ben pode consultar máis tarde por se se produce algunha anulación e quedara algunha plaza libre, ou ben podería apuntarse persoalmente unha vez vostede chegue á illa, achegándose á caseta de información na illa e preguntando se quedan prazas dispoñibles para algunhas das rutas que se ofrezan ese día.
Nesta central ofreceranse 2 rutas guiadas con contidos e percorridos distintos segundo o seguinte calendario:
- Días 28, 29, 30 e 31 de marzo e 2, 3 e 5 de abril: Ons: unha illa de 2 caras. Ruta guiada que percorre a illa de Ons pola súa parte central pasando polas inmediacións do faro e vendo todas as súas paisaxes: barrios aínda habitados, praias, cantís… Lonxitude da ruta: 4km. Desnivel 110 m con pista ben acondicionada, pero con tramos de suave a moderada pendiente. Duración aproximada 2h.
- Días 1 e 4 de abril: Os primeiros poboadores de Ons. Lonxitude da ruta: 2,5km. Ruta circular que percorre o barrio de Curro e de Canexol, enseada de Caniveliñas e o castro de Ons. Desnivel de 76 m. Irase por pista ben acondicionada e con suaves pendientes agás en 2 tramos de sendeiro de terra con forte pendente no acceso ao castro (desaconsellado para persoas con carriños de bebé ou con dificultades motoras). Duración aproximada 2 h.
- Hora e punto de encontro: 11:55h no Centro de Visitantes de Ons, fronte a igrexa do barrio de Curro preto do porto. A ruta rematará no mesmo sitio ás 14h aprox.
Vir con calzado e roupa adecuada para o senderismo e a meteoroloxía prevista, así como con gorra, protección solar e auga.
Ruta non recomendada para maiores de 12 ANOS.
Unha vez rematada a actividade guiada vostedes dispoñen de opcións de lecer. Nas inmediacións da caseta hai merendeiros, restaurantes, praias e o inicio doutras rutas sinalizadas pola illa.