Co nome “Illas con historILLA” englóbanse unha serie de visitas onde coñecerás a historia de cada unha das illas.
Ofértanse rutas aos 4 arquipélagos do Parque, así que si tes curiosidade pola pegada histórica que deixaron os humanos no tempo en Cíes, Ons, Sálvora ou Cortegada, escolle unha, fíxate nas datas e apúntate!:
1. CÍES con historILLA: “Unha viaxe no tempo”. Farase o domingo 9 de febreiro.
• LONXITUDE da ruta: 3.5km. Ruta lineal do peirao ao faro de Cíes (7km ída e volta). Desnivel: 175m.
• HORA e punto de encontro: 10:30 no interior da estación marítima de Ría (Vigo). Hora de regreso ao porto de Vigo: 18:30 aprox.
• CUSTE do transporte 12€. Barco tipo catamarán.
2. ONS con historILLA: “Un pobo no mar.” Farase o domingo 16 de febreiro.
• LONXITUDE da ruta: 6,2km. Ruta circular que pasará polos barrios de Curro, Canexol e Pereiró e chegaremos ata o Buraco do Inferno. Desnivel:100m.
• CUSTE do transporte por persoa: 12€.
• HORA e punto de encontro: 10:30h, na entrada ao porto de Portonovo.
Hora de chegada ao porto de Portonovo: aproximadamente 18:30h. Barco tipo catamarán ou iate.
3. Sálvora con historILLA: “Unha Illa de Historias” faranse os domingos 23 de febreiro (saída dende O Grove) e 15 de marzo (saída dende Aguiño). Desnivel:
• LONXITUDE da ruta: 5km.
• CUSTE do transporte por persoa:15€ dende O Grove (catamarán ou lancha) ou 18€ dende Aguiño(Lancha rápida).
• HORA e punto de encontro:
porto de Aguiño: 9:45h. Hora de regreso a Aguiño: 14:30 aprox.
porto O Grove: 9:45h. Hora de regreso a O Grove 15h aprox.
4. Cortegada con historILLA: “Illa de reis e viquingos”. Faranse o xoves 20 de febreiro (saída dende Vilagarcía) e domingo 8 de marzo (saída dende Carril).
• LONXITUDE da ruta: 3,2km. Ruta circular e plana.
• CUSTE do transporte por persoa:10€ (lancha).
• HORA e punto de encontro:
Mariña de Vilagarcía: 10:45h . Hora de regreso a Vilagarcía 14:30aprox.
Porto Carril: 11:15h. Hora de regreso a Carril 14:45h aprox.
Todas las rutas recomendadas para maiores de 12 anos.
No caso non conseguir plaza para a ruta desexada pode apuntarse na lista de espera para a data desexada.