“ILLAS PARA FAMILIAS CON NENOS/AS” é o nome co que presentamos 3 rutas na que os nenos/as descubrirán algúns dos animais que viven nas illas.
Estas rutas teñen dinámicas moi participativas onde os/as nenos/as (recomendado +5 años) acompañados de adultos pasan un bo rato e aprenden cousas da natureza das illas.
1. ONS en familia: “a vista de paxaro”. Farase o sábado 11 de abril. As aves da Illa irannos mostrando os seus sitios preferidos.
LONXITUDE da ruta: 3km. Ruta circular.
HORA e punto de encontro: 12:00 na caseta de información de Ons.
2. CÍES en familia: “a vista de paxaro”. Farase o sábado 4 de abril. As aves da Illa irannos mostrando os seus sitios preferidos.
LONXITUDE da ruta: 1,7km. Ruta lineal.
HORA e punto de encontro: 12:00 na caseta de información de Cíes.
3. CÍES en familia: “Una Illa entre mareas”. Farase o venres 10 de abril. A baixamar deixa moitos animais mariños á vista. Nesta visita coñecerémolos. É unha visita fácil pero vente cun calzado que non esbare sobre pedra mollada (tenis, botas de senderismo…).
HORA e punto de encontro: 12:00 na caseta de información de Cíes.
LONXITUDE da ruta: 300m. A visita faise pola costa rochosa preto da caseta.
Recomendado para familias con nenos/as de entre 5 e 12 anos.
Os menores tenrán que estar siempre acompañados por un adulto (máximo 2 menores por adulto).
Recoméndase non levar cadeiras de bebes.
No caso de non conseguir plaza para a ruta desexada por estar completa, recoméndase estar atentos/as ao calendario da Central de Reservas e ao Facebook del Parque https://es-es.facebook.com/ParqueNacionalIslasAtlanticasDeGalicia xa que non é raro que se produzan baixas os días anteriores á ruta.