Gobierno de España. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino

Central de Reservas en liña do Organismo Autónomo de Parques Nacionais

 
 

PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO: Parque nacional Islas Atlánticas de Galicia

MENÚ de OPCIÓNS do PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO.

 

lúns, 15 de Abril de 2024
 <VOLVER ao LISTADO de ACTIVIDADES.

ACTIVIDADE SELECCIONADA: RUTA CORTEGADA: O SEGREDO DUN BOSQUE NO MEDIO DO MAR”

Descripción da actividade:

Visita guiada pola illa de Cortegada acompañados dun guía propio do Parque, na que se visitará a aldea abandonada, a súa ermida e os seus bosques. As árbores debuxan a paisaxe da illa e revélarannos moitos dos seus segredos.

LONXITUDE da  ruta:   3.2km. Ruta circular polo  perímetro da illa. Duración dunhas 2 horas e media, de fácil realización.

DATAS, PORTO, HORARIO E PREZO TRANSPORTE:

  • Domingo 3 de marzo, embarque no porto de Carril, desprazamento en lancha. 12€/persoa.
  • Xoves 7 de marzo, embarque en porto deportivo de Vilagarcía, desprazamento en lancha. 10€/persoa.

Horarios: embarque ás 10h e regreso a porto de embarque ás 13:15h aprox.

Rutas recomendadas para maiores de 12 anos.

+ Información
  • O titular da reserva deberá ser sempre un adulto. Dita reserva figura 1 titular e un máximo de 3 acompañantes. Os MENORES deben ir a cargo de adultos (máximo de 2 menores por titular).
  • Rutas recomendadas para maiores de 12 anos.
  • Débese facer constar no apartado de "acompañantes" o nome completo e DNI ( se non ten poñer “M”) de TODOS os acompañantes e a súa idade.
  • Cada persoa poderá participar (e inscribirse) NUNHA SOA DAS DATAS OFRECIDAS.
  • A ruta guiada terá unha duración dunhas 2 horas e media. É de fácil execución, cun percorrido por sendeiro de terra sen desniveis.
  • O Parque enviará un correo ao titular uns días antes da realización da ruta para recordarlle a súa inscripción e confirmar a realización da ruta e darlles os datos de pago do barco contratado.
  • A actividade guiada na Illa é de balde, pero cada persoa ten que asumir os gastos de transporte no barco contratado (10 euros por persoa). O importe aboaráse á empresa de transporte con anticipación, unha vez o parque lle envíe un correo electrónico cos datos de pago.
  • Para non poñer en risco a realización ou non da visita, e que ésta sexa económicamente rendible para a naviera contratada, a devolución deste importe anticipado SÓ se fará no caso de que o Parque Nacional ou a naviera anule a visita. NON SE DEVOLVERÁ no caso de que a propio participante anule fora do plazo establecido (e non se poida cubrir a súa plaza) ou non apareza a data da visita.
  • Tanto para RESERVAR como para ANULAR a plaza na web poderase facer ata 4 días antes da realización da ruta (ex: se a ruta faise o domingo, o mércores será o último día para reservar ou anular na web).
  • Para calquera problema coa reserva chamar ao 886218090 (de 9h a 14h de luns a venres) ou 886218082 (de 17h- 19h o venres e sábado) ou enviar un correo a guias.iatlanticas@xunta.gal
  • A Dirección do Parque reservarase o dereito de CANCELAR a actividade ou modificar os seus horarios en función do número de inscripcións, as condicións meteorolóxicas ou outras causas de forza maior, avisando previamente a todos os participantes.
Formulario de Acceso ás súas reservas:

 INFORMACIÓN e DETALLES SOBRE A ACTIVDADE SELECCIONADA

 Tramitación de RESERVAS
Para acceder a esta actividade é preciso ter un permiso, que se pode tramitar:
  1. Facendo a súa solicitude vía online a través desta web, pulsando a opción "RESERVAS" do menú superior.
  2. En persoa, na oficina do Parque/Centro Nacional, ou mediante calquera dos medios mencionados no apartado "INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE"
     
 DADOS DE CONTACTO
Parque Nacional Islas Atlánticas de Galicia
EDIFICIO Cambón. C/ Palma, 4. Casco Antiguo
36202 Vigo Pontevedra
ESPAÑA
Tel.: 886218090
Fax: 886218094
Email: iatlanticas@xunta.es
© Organismo Autónomo Parques Nacionales. 2010