Visita guiada pola illa de Cortegada acompañados dun guía propio do Parque Nacional, na que se visitará a aldea abandonada, a súa ermida e os seus bosques. As árbores debuxan a paisaxe da illa e revélarannos moitos dos seus segredos.
LONXITUDE da ruta: 3.2km. Ruta circular polo perímetro da illa. Duración dunhas 2 horas e media, sempre por camiño de pouca pendente.
Horario e portos de saída:
- Dende Vilagarcía. Punto de encontro: entrada aos pantaláns do porto deportivo.
- Sábado 7 de marzo. Prezo: 12 €. Hora de encontro 10:15 h. Hora de regreso 14:45.
- Domingo 26 de abril. Prezo 15€. Hora de encontro 9:45 h. Hora de regreso 13:00 h.
- Dende Carril. Punto de encontro: nos xardíns da lonxa de Carril.
- Sábado 21 de marzo. Prezo 15€. Hora de encontro 8:45. Hora de regreso: 14:45
A embarcación será unha lancha ou pequena embarcación. O tempo de viaxe varía entre 5 min a 15 min dependendo do porto de saída. O importe aboarase á empresa de transporte con anticipación á ruta, unha vez que o Parque Nacional lle envíe os datos de pago da naviera.
Rutas recomendadas para maiores de 12 anos.