Gobierno de España. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino

Central de Reservas en liña do Organismo Autónomo de Parques Nacionais

 
 

PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO: Parque nacional Islas Atlánticas de Galicia

MENÚ de OPCIÓNS do PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO.

 

lúns, 23 de Febreiro de 2026
 <VOLVER ao LISTADO de ACTIVIDADES.

ACTIVIDADE SELECCIONADA: RUTAS EN ONS: “ A ILLA E O MAR” E "UNHA ILLA DE NOMES"

Descripción da actividade:

Visitas guiadas pola illa de Ons na compaña dun guía propio do Parque Nacional.

 Sábado 28 de febrero: Ruta de "A ILLA E O MAR", na que se visitará a zona do Faro e o xacemento do Castelo dos Mouros. Facendo este percorrido descubriremos aspectos e lugares pouco coñecidos de Ons e como a relación co mar marcou a vida nas illas dende a prehistoria ata a actualidade. LONXITUDE da ruta: 5km. duración de 2h30min aprox. Ruta circular. Dificultade media (120 m de desnivel).

Martes 14 de abril: Ruta de "UNHA ILLA DE NOMES". Nesta ruta guiada, que percorre a illa de Ons pola súa metade sur, pasará por sitios con nomes tan curiosos como Area dos Cans, Buraco do Inferno, Fedorentos, illote das Freitosas, Caniveliñas ou Canexol. Estes nomes desvelarannos moitos segredos da illa e do seu mar. LONXITUDE da ruta: 6,2km. Ruta circular. Duración aprox 3h.

HORA e PUNTO DE ENCONTRO: 10:15 h, no porto de Bueu, na zona de saída de pasaxeiros para Ons (ao lado da nave de redeiras do porto). Hora de chegada de volta a Bueu: o 28 de febreiro ás 18:15 h aprox, e o 14 de abril ás 17:15 h aprox.

CUSTE do TRANSPORTE (por persoa): 16,5€ (de 4 a 12 anos: 9€). Viaxe en catamarán. 45 min  de viaxe aproximadamente.

    Recomendada para maiores de 12 AÑOS.

+ Información

No caso de non conseguir praza para a ruta desexada pode anotarse na lista de agarda (seleccionando a data desexada). Pode acceder á lista de agarda directamente dende a lista de actividades ou no seguinte enderezo: https://www.reservasparquesnacionales.es/real/ParquesNac/usu/html/detalle-actividad-oapn.aspx?cen=20&act=29

IMPORTANTE:

  • O titular da reserva deberá ser sempre un adulto. Dita reserva figura 1 titular e un máximo de 3 acompañantes. Os MENORES deben ir a cargo de adultos (máximo de 2 menores por titular).
  • Rutas recomendadas para maiores de 12 anos. 
  • Débese facer constar no apartado de "acompañantes" os datos de: nome completo e DNI ( se non ten poñer “M”) de TODOS os acompañantes e a súa idade. Caso de non figurar os datos completos de cada un non se dará por valida a súa plaza.
  • Cada persoa poderá participar (e inscribirse) NUNHA SOA DAS RUTAS ofrecidas nesta edición.
  • A ruta guiada terán unha duración dunhas 2h e media. Tras a ruta haberá tempo libre ata a saída do barco ás 17:30.
  • O Parque enviará un correo ao titular uns días antes da realización da ruta para recordarlle a súa inscripción e confirmar a realización da ruta e darlles os datos de pago do barco contratado.
  • A actividade guiada na Illa é de balde, pero cada persoa ten que asumir os gastos de transporte no barco contratado. O importe aboaráse á empresa de transporte con anticipación, unha vez o parque lle envíe un correo electrónico cos datos de pago.
  • Para non poñer en risco a realización ou non da visita, e que ésta sexa económicamente rendible para a naviera contratada, a devolución deste importe anticipado SÓ se fará no caso de que a organización ou a naviera anule a visita. NON SE DEVOLVERÁ no caso de que a propio participante anule fora do plazo establecido ou non apareza a data da visita.
  • Tanto para RESERVAR como para ANULAR a plaza na web poderase facer ata 4 días antes da realización da ruta (ex: se a ruta faise o sábado, o martes será o último día para reservar ou anular na web).
  • Para calquera problema coa reserva  chamar ao 886218090 (de luns a venres de 9-14h) ou 886218082 ( venres e sábado de 17 a 19h) ou enviar correo a guias.iatlanticas@xunta.gal.
  • A Dirección do Parque  reservarase o dereito de CANCELAR a actividade ou modificar os seus horarios en función do número de inscripcións,  as condicións meteorolóxicas ou outras causas de forza maior, avisando previamente a todos os participantes.

Recordar que:

 Sábado 28 de febrero: Ruta de "A ILLA E O MAR", na que se visitará a zona do Faro e o xacemento do Castelo dos Mouros. Facendo este percorrido descubriremos aspectos e lugares pouco coñecidos de Ons e como a relación co mar marcou a vida nas illas dende a prehistoria ata a actualidade. LONXITUDE da ruta: 5km. duración de 2h30min aprox. Ruta circular. Dificultade media (120 m de desnivel).

Martes 14 de abril:  Ruta de "UNHA ILLA DE NOMES". Nesta ruta guiada, que percorre a illa de Ons pola súa metade sur, pasará por sitios con nomes tan curiosos como Area dos Cans, Buraco do Inferno, Fedorentos, illote das Freitosas, Caniveliñas ou Canexol. Estes nomes desvelarannos moitos segredos da illa e do seu mar. LONXITUDE da ruta: 6,2km. Ruta circular. Duración aprox 3h.

HORA e PUNTO DE ENCONTRO: 10:15 h, no porto de Bueu, na zona de saída de pasaxeiros para Ons (ao lado da nave de redeiras do porto). Hora de chegada de volta a Bueu 18:15 h aprox, e o 14 de abril ás 17:15 h aprox.

CUSTE do TRANSPORTE (por persoa): 16,5€ (de 4 a 12 anos: 9€). Viaxe en catamarán. 45 min  de viaxe aproximadamente.

Formulario de Acceso ás súas reservas:

 INFORMACIÓN e DETALLES SOBRE A ACTIVDADE SELECCIONADA

 Tramitación de RESERVAS
Para acceder a esta actividade é preciso ter un permiso, que se pode tramitar:
  1. Facendo a súa solicitude vía online a través desta web, pulsando a opción "RESERVAS" do menú superior.
  2. En persoa, na oficina do Parque/Centro Nacional, ou mediante calquera dos medios mencionados no apartado "INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE"
     
 DADOS DE CONTACTO
Parque Nacional Islas Atlánticas de Galicia
EDIFICIO Cambón. C/ Palma, 4. Casco Antiguo
36202 Vigo Pontevedra
ESPAÑA
Tel.: 886218090
Teléfono de emergencia: 886218094
Email: iatlanticas@xunta.es
© Organismo Autónomo Parques Nacionales. 2010