Visita guiada nas Cíes recorrendo a historia das illas dende a actualidade ata a prehistoria, a través dun itinerario que transcorre dende o porto ata o faro de Cíes.
A lonxitude da ruta é de 3,5Km (lineal, sólo ida) e un desnivel de 180m (dificultade media). A visita terá unha duración aproximada de 3h (o resto do tempo será de visita libre).
-DATA: sábado 14 de marzo
-CUSTE DO TRANSPORTE: 14 € por persoa, en catamarán (45 min aprox de viaxe).
-HORA e PUNTO DE ENCONTRO: ás 10:30 na estación marítima de Ría (Vigo). Chegada ao porto de orixe ás 18:30 aprox.
Recomendada para maiores de 12 anos.