Gobierno de España. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino

Central de Reservas en liña do Organismo Autónomo de Parques Nacionais

 
 
 

PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO: Parque nacional Garajonay

MENÚ de OPCIÓNS do PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO.

 

sábado, 19 de Outubro de 2019
 <VOLVER ao LISTADO de ACTIVIDADES.

ACTIVIDADE SELECCIONADA: VISITAS GUIADAS AO CENTRO DE VISITANTES JUEGO DE BOLAS

Descripción da actividade:
O Parque Nacional de Garajonay ofrece un servizo gratuíto de visitas guiadas polas diferentes dependencias do Centro a grupos organizados (colectivos, asociacións, entidades, grupos escolares, etc). É preciso reservar data. Pódense facer todos os días da semana excepto sábados e domingos.
+ Información
O Centro de Visitantes “Juego de Bolas” está situado ao norte da illa, en La Palmita, na área do concello de Agulo e a 3 quilómetros do Parque. Forma parte do equipamento do Parque e ten unha ampla e interesante exposición sobre diversos aspectos do Parque e da Illa. Varias salas expositivas e unha de audiovisuais ofrecen información moi completa a través de paneis, maquetas e outros elementos expositivos. A Casa de la Memoria recolle aspectos da cultura popular coma o interior dunha casa labrega, os apeiros de labranza, a bodega, a olaría, os uso tradicionais do monte e do folclore. No exterior, os xardíns teñen unha ampla representación da flora de Canarias e moitas plantas endémicas gomeras, así coma unha parte adicada aos cultivos tradicionais e plantas medicinais. Conta tamén con obradoiros de artesanía onde fanse e véndense produtos da illa. Para reservar, é preciso cubrir o MODELO de SOLICITUDE de ACCESO a este servizo que poderán descargar de Tramitación de RESERVAS e envialo á dirección indicada en DADOS DE CONTACTO (cvgarajonay@oapn.es), ou chamar de 9:30h.-16:00h (excepto sábados e domingos) ao teléfono 922 80 12 29. Neste MODELO de SOLICITUDE de ACCESO pídense diferentes dados sobre o grupo, así coma o obxectivo da visita, número de persoas e tempo estimado que queren adicar ao Parque. Estes dados son importantes para aconsellar e informar ao grupo da mellor opción adaptada ás necesidades e características do grupo. Dada a fraxilidade do espazo, a súa conservación depende da actitude responsable dos seus visitantes. Rogámoslles que teñan en conta a normativa que se aplica a estes espazos de grande valor. IMPORTANTE: Este servizo pode ser cancelado por causa de forza maior ou por Alerta Meteorolóxica por fenómenos adversos (Alerta Amarela, Laranxa ou Vermella).
Formulario de Acceso ás súas reservas:

 INFORMACIÓN e DETALLES SOBRE A ACTIVDADE SELECCIONADA

 Tramitación de RESERVAS
Para acceder a esta actividade é preciso ter un permiso, que se pode tramitar:
  1. Facendo a súa solicitude vía online a través desta web, pulsando a opción "RESERVAS" do menú superior.
  2. En persoa, na oficina do Parque/Centro Nacional, ou mediante calquera dos medios mencionados no apartado "INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE"
     
 DADOS DE CONTACTO
Parque Nacional Garajonay
Centro de visitantes "Juego de Bolas". La Palmita.
38830 Agulo Santa Cruz de Tenerife
ESPAÑA
Tel.: 922 800 993
Fax: 922 801 229
Email: cvgarajonay@oapn.es
------------------------------------
Ed las Creces, Loc.1 c/Ruiz de Padrón
38800 San Sebastián de La Gomera Santa Cruz de Tenerife
ESPAÑA
Tel.: 922 922 600
Fax: 922 87 28 33
Email: pngj.cmayot@gobiernodecanarias.org
© Organismo Autónomo Parques Nacionales. 2010